Foto

Descrición do proxecto GN3plus

Proxecto I3 (Integrated Infrastructures Initiative)  financiado polo VII Programa Marco de I+D da Unión Europea (Acordo de subvención número 605243)

 

Web:

http://www.geant.net

 

Data de inicio:

01-04-2013

 

Data de finalización prevista:

31-03-2015

 

Duración:

24 meses

 

Presuposto total:

72 millóns de euros (financiamento europeo: 41 millóns de euros)

 

Participantes:

39 redes académicas e de investigación nacionais europeas, e 2 organismos, DANTE (coordinador do proxecto) e TERENA, formados por redes académicas e de investigación.

 

No proxecto colaboran terceiros ("third parties") que teñen relación cos membros - por exemplo, no caso de España colaboran tres institucións afiliadas a RedIRIS: A Universidade de Murcia, a Universidade do País Vasco e a Fundació I2CAT.

 

O proxecto lanzou ademais unha Convocatoria Aberta ("Open Call"), duns 3 M€, solicitando propostas de organismos sen ánimo de lucro ou de empresas que axuden a desenvolver algunhas das actividades previstas.

 

 

Actividades:

NA (Networking Activities - actividades relacionadas coa comunidade) - Inclúe xestión e coordinación do proxecto (NA1), comunicación e promoción (NA2), análise de tendencias (NA3) e relacións internacionais e desenvolvemento de negocio (NA4)

SA (Service Activities - actividades de servizo) - Inclúe servizos troncais de rede (SA1), plataforma de probas como servizo (SA2), prestación de servizos de rede (SA3), servizos de soporte de rede (SA4), servizos de aplicación (SA5), operación e xestión de servizos (SA6) e soporte a servizos "cloud" (SA7)

JRA (Joint Research Activities - actividades de investigación conxunta) - Inclúe arquitecturas de rede para o Horizonte 2020 (JRA1), proba de tecnoloxía para servizos de aplicación específicos (JRA2) e tecnoloxías de identidade e confianza para servizos de GÉANT (JRA3)