O Ministerio de Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades ofrece a rede telemática RedIRIS para proporcionar aos investigadores españois os servizos de telecomunicacións que require a súa actividade e polo tanto determina en todo momento as condicións de afiliación á rede.
Requisitos de afiliación:
Para acceder aos servicios de RedIRIS, as institucións interesadas deben seguir un proceso de afiliación no que deben:
- Probar a súa condición de organismo legalmente constituido con personalidade xurídica propia
- Identificar a súa actividade principal nalgunha das categorías susceptibles de afiliación, dentro das establecidas ao efecto na política de afiliación que foi aprobada polo Ministerio de Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
O Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades, como organismo competente sobre RedIRIS, e responsable do seu finanzamento e estratexia, resérvase o dereito de revisar en calquer momento as condicións de afiliación e, no seu caso, a participación en RedIRIS de calquera institución afiliada.
As institucións susceptibles de afiliación deben ser encadradas en ao menos unha das seguintes categorías:
- A.1) Universidades públicas e privadas, sen ánimo de lucro, incluíndo os seus centros adscritos
- A.2) Organismos públicos de investigación e instalacións científico tecnolóxicas singulares (ICTS) con personalidade xurídica propia
- A.3) Centros e institutos tecnolóxicos e de investigación con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que participen en proxectos do Plan Nacional de I+D+i ou planes equivalentes de ámbito autonómico, nacional ou internacional.
- A.4) Unidades docentes ou de investigación dos hospitais públicos e privados sen ánimo de lucro que participen en proxectos de I+D+i de ámbito autonómico, nacional ou internacional.
Ademáis das institucións anteriores, tamén poderán afiliarse:
- B.1) Organismos xestores de programas de I+D+i con financiación pública.
- B.2) Institucións con personalidade xurídica propia e sen ánimo de lucro, que dispoñan de importantes contidos dixitais relevantes para a comunidade científico-técnica e que os poñan a disposición desta.
- B.3) Entidades que participan en proxectos do Plan Nacional de I+D+i ou equivalentes, de ámbito autonómico, nacional ou internacional, durante e para o desenvolvemento destes proxectos.
- B.4) Parques científicos e tecnolóxicos sen ánimo de lucro que dispoñan nas súas instalacións dalgunha institución afiliada a RedIRIS e só para o uso de institucións afiliadas a RedIRIS.
- B.5) Centros de educación primaria, secundaria, de formación profesional e superior non universitaria, sen ánimo de lucro, tanto públicos como privados, sempre que exista un acordo coa consellería responsable sobre esa materia na Comunidade Autónoma correspondente.
- Máis información sobre esta categoría, a ter en conta, antes de enviar a solicitude de afiliación.
- B.6) Outras entidades de especial interese para o sistema español de ciencia e tecnoloxía.
- RedIRIS poderá dispor as medidas técnicas necesarias para que o tráfico intercambiado con estas institucións se limite aos obxectivos establecidos.
- A institución solicitante poderá realizar os trámites de afiliación a RedIRIS ben nesta entidade ou en calquera outra na que RedIRIS houbera delegado. No caso de existir unha rede de investigación na Comunidade Autónoma da institución solicitante, o xestor desta rede será o organismo preferente para tramitar as solicitudes de afiliación a RedIRIS.
Procedimento de afiliación:
- A institución interesada debe enviar unha carta (pulse aquí para descargar o Modelo de Solicitude) solicitando a afiliación, incluíndo información acerca da organización:
- principal actividade da organización
- forma de financiamento
- participación nos instrumentos do Plan Nacional
- outros proxectos de investigación nos que participe e o seu financiamento
- posibles beneficios para a comunidade académica e investigadora grazas ao material que achegaría á rede
- calquera outra información que considere de interese
Na solicitude deberá especificar o tipo de información que desexaría que se fixese pública a través da rede, como por exemplo un servidor WEB.
No caso de que a organización solicitante sexa unha institución de ensino superior achegarase fotocopia do seu recoñecemento como centro de ensino superior no BOE ou boletín similar do goberno autónomo correspondente.
A carta irá dirixida ao enderezo abaixo indicado, e a Área de Relacións Institucionais poderá poñerse en contacto coa organización para solicitar, en caso necesario, o envío de información adicional.
- Se finalmente se considera que a institución pode afiliarse RedIRIS enviarán os seguintes documentos:
A institución deberá reenviar a Ficha de Afiliación debidamente cuberta a RedIRIS.
- A recepción en RedIRIS da Ficha de Afiliación considérase como a data de afiliación da institución. Dende ese momento, o persoal técnico da área de rede poñerase en contacto coa institución para iniciar o proceso do establecemento da conexión a RedIRIS.
Se desexa obter máis información ou realizar algunha consulta relacionada con aspectos relativos ás afiliacións dirixirse a:
Edificio Bronce
Plaza de Manuel Gómez Moreno, s/n - 2ª planta
28020. Madrid
Tel.: 912 127 625 (central de Red.es)
Fax : 915 568 864
ou ben enviar unha mensaxe ao enderezo:
secretaria @ rediris.es