Normas de Estilo no correo electrónico


Introducción

Este documento tenta ofrecer unha serie de recomendacións básicas áhora de enviar e recibir correo electrónico. O aceptar estas sinxelas normas garatiralle o éxito no intercambio de correo electrónico có resto de usuarios de Internet.

Cabeceiras das mensaxes

As cabeceiras das mensaxes ofrecen información ó receptor dunha mensaxe sobor de quén a envía. As cabeceiras as que compre prestar atención especial son:

  • Cabeceira "From". É a principal pra que os receptores sexan quen de saber quén é o emisor da mensaxe. Os formatos da cabeceira From son:

    (1) From: Nome Apelidos < login@enderezo > (2) From: login@enderezo (O_Teu_nome Os_Teus_apelidos)

    O formato (1) é o máis recomendado y habitual. É moi aconsellable que a parte "enderezo" sexa o máis curta e indicativa posibel, é dicer, entre o enderezo usuario@polite.fis.uab.es e usuario@uab.es, a segunda é preferibel.

  • É COMPLETAMENTE ilegal ponher caracteres non ASCII na parte "login" y/o "enderezo" da cabeceira From.

  • É axeitado e legal (RFC-2047) ainda que na actualidad pouco recomendabel ponher caracteres non ASCII na descripción de "Nome Apelidos"

    A colocación de caracteres non ASCII no campo From ou no Subject pode conlevar problemas debido a:

     

    • Estafetas intermedias (MTAs) obsoletas ou mal configuradas que non sigan as normas (RFC-2047)
    • Clientes de correo (UAs) que non implementen de xeito correcto as especificaciones (RFC-2047).

    IMPORTANTE: Se se decanta por utilizar caracteres non ASCII nalgunha das cabeceiras dunha mensaxe NUNCA SE DEBEN PONHER ENTRE " " (comillas dobres)

Envío de mensaxes non ASCII

Denantes de enviar mesaxes cumpre estar seguro de que se ten ben configurado o cliente de correo-e, polo que se debe revisar o seguinte: 

  • Configuración MIME.
  • Que non se introducen formatos extranos
  • Que non se adxunten automáticamente fichieros extranos.

Pra facer unha proba pódese enviar unha mensaxe a echo at rediris.es , que respostará tal e coma vostede o vería. Pero o destinatario pode ter outros problemas:

Pensar no destinatario da mensaxe

Denantes de enviar unha mensaxe non só se debe meditar e repasa-la gramática do contido, senón pensar no/s destinatario/s, no caso dunha lista de distribución. É dicer, non incluas mesaxes adxuntos(attachments) senon estás seguro de que o receptor o pode visualizar.

Cumpre ter en conta que non tódolos usuarios usan o mesmo cliente de correo-e ca nos, nen sequera o mesmo sistema operativo.

Polo tanto, non use formatos ou codificacións proprios nas mensaxes senon os que sexan compatibles de Internet, sobor de todo os formatos e docificacións estándar MIME.

Tente NON enviar mensaxes adxuntos binarios (gif. jpeg, zip, etc.) ás listas de distribución. Internet oferta outro tipo de aplicaicóns pra intercambiar este tipo de cousas.

É aconsellable porse en contacto có destinatario antes de lle enviar unha mensaxe que non sexa texto. Por exemplo, se lle imos enviar un ficheiro Word, deberiamoslle preguntar algo coma:

   "Vouche enviar un texto feito en Word 6 ou 
    superior e codificado con  MIME ¿Estás preparado?"

Deberase desactivar calquera opción que, por defecto, envíe as mensaxes no formato HTML, tal e coma implementan algúns programas de correo-e.

Uuencode

Uuencode non é un estandard e, polo tanto, non é compatible. Débese utilizar docificación base64 tal e coma indican os standares MIME.

Moitas estafetas de correo escarallan mensaxes cons formatos uuencode. Hai un amplo abanico de codificadores e decdificadores UUENCODE, e incluso variantes pra PC, VMS e UNIS, e non todos compatibles.

No caso de que se desexe enviar mensaxes no formato uuencode, o máis razonabel é ponherse antes en contacto có destinatario pra llepreguntar se é quen de decodificalo (ainda que esta práctica debería ser tamén habitual con outros formatos).

POR SUPOSTO, ÁS LISTAS DE DISTRIBUCIÓN NON SE DEBEN DE ENVIAR MENSAXES CÓ FORMATO UUENCODE.

Lonxitude das linhas das mensaxes

Hai que configurá-las linhas das mensaxes a menos de 80 columnas. 75 é un número aceptabel. Este tema depende de varios factores que cumpre axustar: resolución da pantalla (pixels horizontáis), o tamanho da letra, tamanho da ventá e a configuración do cliente de correo-e.

Noss clientes de correo que tenhan a opción de formatea-las linhas dunha mensaxe ó ser lida e/ou enviala, débese definir a 75 pra dar algo de marxen a outros paquetes de correo usados polos destinatarios das mensaxes.

Se o texto non se reorganiza e visualizanse linhas moi longas (que saen pola parte dereita da pantalla), poida que sexa porque o seu programa de correo.e é obsoleto ou malo e non ten capacidade pra reorganiza-lo texto. Ainda que tamén poida que sexa posibel modificar algunha opción da configuración pra realiza-la adaptación.

A opción máis sensate e que non conleva moito esforzo e formatea-la mensaxe a man.

Envío de caracteres autóctonos

Sempre que se escreba en castelán,galego, català, etc. débense enviar as mensaxes con caracteres autóctonos no corpo do texto. Isto permitirá a expresión axeitada e con senso. O mesmo pra calquer outro idioma.

Pra ilo é recomendable usar mensaxes de texto que contenhan carateres especiáis do idioma en cuestión e o tipo de codificación MIME "Quoted-Printable". Hai que configura-lo cliente de coreo-e deste xeito, por exemplo:

Netscape -> Mail & News Preference -> Composition -> Send and Post = MIME Compliat (Quoted Printable)

Eudora -> Tools -> Options -> "Sending Mail" ->Activar(x) "May use Quoted-Printable"

É recomendable NON usar transferencias codificadas en 8 bits, xa que pódense atopar problemas á hora de atravesar outras estafetas de correo en Internet e obter erros coma este:

.... while talking to cc-server9.massey.ac.nz.:
>>> DATA
<<< 554 8BIT SMTP extension not supported
554 ... Service unavailable

Respostar o correo

Denantes de respostar a unha mensaxe persoal ou nunha lista deberánse ter en conta os seguintes aspectos:

  • La cita completa da mensaxe anterior á que se está replicando é de todo xeito INNECESARIA. Só deberase citar o que se vai respostar e o que sexa imprescindibel pra entende-lo contexto da mensaxe.

    Cumpre ter deshabilitada a incorporación automática do texto orixinal e incorporar o que se desexa citar cun simple copiar+pegar . A forma de deshabilita-lo é:

    • Netscape Mail --> Options -> Mail and News Preferences -> Composition -> "Automatically quote original message ...." -> No

    • Eudora --> botón Reply -> CTRL+A

  • Nos foros de discusión é necesario explicitar a quén se está a respostar, sobor de qué tema, e en qué momento da conversa. Cumpre tamén ter en conta que ás veces a Rede pode xogar malas pasadas e ocasionar retrasos na entrega de mensaxes có que a secuencia de recepción podese perder.

  • Denantes de respostar a unha mensaxe de seito visceral, cumpre facer unha pausa e deixalo pra outro momento.

Sinaturas automáticas

É interesante a incorporación das sinaturas automáticas con información adicional. Poden ser o máis concisas posibel ainda que se cabe, máis de 10 linhas xa molesta. Por suposto, estas sinaturas non deben ser ficheiros anexos.

É moi interesante que nesa sinatura, a primeira linha sexa -- (dous guións), xa que son caracteres entendidos por moitos servidores automáticos (servidores de listas, etc.) coma o comenzo da sinatura. Un exemplo sería:

--
Margarita Pía
Responsable de Comunicaciones de la T.I.A.


Tamanho das mensaxes

Débese ter coidado có tamanho das mensaxes. Incluir longos ficheiros Words, Postcript ou programas pode facer a mensaxe tan longa que poida chegar at er problemas de receptción, ademáis de facer malgastar consumir recursos innecesarios ó receptor da mensaxe.

Hai que conhecer as aplicacións Internet e usar cada unha prá finalidade que foi desenha. O correo-e debe ser usado con tamanhos de mesaxe moderados, xa que pra tamanhos grandes é máis útil o FTP.

Outros consellos

  • A inclusión de frases con maiúscula nunha mensaxe indica que se está a gritar.

  • Use símbolos pra enfatizar palabras ou frases. Pode ultilizarse o símbolo * pra dicer *isto e moi importante* ou _remarcar estoutro_

  • Use smileys pra indica-lo tono da voz. Pero úseos con mesura.

  • Encha o campo Subject: cunha frase corta e descriptiva do contido da mensaxe.