Oficinas de RedIRIS

 

Como chegar a RedIRIS Sevilla

As oficinas de RedIRIS en Sevilla atópanse dentro das instalacións do Centro Informático Científico de Andalucía. Estas están situadas no campus universitario de Reina Mercedes da Universidade de Sevilla. Pódese acceder tanto pola Avenida de la Raza como pola Avenida Reina Mercedes, tendo o campus un aparcadoiro soamente dispoñible para a comunidade universitaria.

Na propia Avenida de Reina Mercedes atópanse as paradas dos autobuses urbanos 34 e 6 (TUSSAM) e a unha distancia de cinco minutos das paradas das liñas 1 e 33. Tamén se pode chegar utilizando o proximidades de Renfe, estando o Apeadero de Virgen del Rocío a 15 minutos de distancia.

Para ir ou vir dende o aeroporto

O código do aeroporto é SVQ, atópase a uns 10 km aproximadamente. Tan só existe unha única terminal dende a cal chegan e saen tanto os voos nacionais como os internacionais.

Os taxis teñen unha tarifa fixa con respecto ao aeroporto que é de aproximadamente 25 euros. Por outra banda, existe un servizo de autobús que enlaza o aeroporto coa Puerta de Jerez, no centro de Sevilla. O nome da liña é "EA: Especial Aeropuerto - Prado" e pode consultar máis información en TUSSAM.

Para ir ou vir dende a Estación de trens de Santa Justa

A Estación de Santa Justa atópase no barrio de Nervión. Para ir a RedIRIS recoméndase coller un taxi, cun custo aproximado de 10 euros, aínda que tamén se poden utilizar os servizos de Proximidades de Renfe na propia estación. Tamén se pode optar por utilizar os autobuses urbanos, tendo que coller a liña C1 e facer transbordo na zona do Prado de San Sebastián coa liña 34.

Para ir ou vir en coche

O campus universitario ten un acceso doado en coche. Circulando pola SE-30, seguir dirección Cádiz collendo a saída 9 ou 9-A. Nesta saída débese incorporar á Avenida de la Raza en dirección Los Bermejales seguindo os carteis que indican Avenida Reina Mercedes. Máis información neste mapa.

Localización

Edificio CICA. Campus universitario
Avenida Reina Mercedes, s/n.
41012. Sevilla
Tel.: 95 513 03 84 (central de CICA)

Enlaces de interese: