Persoas de Enlace con RedIRIS

Cada institución afiliada a RedIRIS debe designar polo menos unha Persoa de Enlace con RedIRIS (PER) que se encargará de desempeñar o papel de intermediario entre os usuarios da institución e RedIRIS. Esta persoa será o punto principal para a comunicación activa e fluída entre RedIRIS e a institución, polo que é desexable que teña coñecementos técnicos e a relación axeitada coas persoas responsables da súa institución, tanto a nivel directivo como operativo.

Dada a importancia desta figura, é fundamental que os datos relativos ao PER se actualicen sempre que sexa preciso, informando de calquera incidencia.

O PER asume a función e a responsabilidade de facer chegar aos usuarios da organización á que pertence a información procedente de RedIRIS, en especial as notificacións recibidas por medio da lista IRIS-PERS.