Foto

Historia

RedIRIS ten a súa orixe no ano 1988, cando o Plan Nacional de Investigación e Desenvolvemento puxo en marcha un programa horizontal especial -IRIS- para a Interconexión dos Recursos informáticos das universidades e centros de investigación.

Dende o seu inicio ata finais de 1993 a xestión do Programa IRIS correu a cargo de Fundesco. A partir de 1991, cando se considera finalizada unha etapa de promoción e lanzamento, o Programa IRIS transfórmase en RedIRIS. Dende xaneiro de 1994 ata 2003 RedIRIS é xestionada polo Consello Superior de Investigacións Científicas.

En xaneiro de 2004 RedIRIS intégrase como un departamento con autonomía e identidade propias no seo da entidade pública empresarial Red.es, adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital.

 

Documentación sobre o Programa IRIS: