Eventos
RedIRIS organiza diferentes eventos para os representantes das máis de 400 institucións afiliadas. Estes foros teñen o obxectivo de compartir experiencias coa comunidade RedIRIS sobre os servizos, actividades e proxectos (nacionais e internacionais) que realizamos, e serven de punto de encontro para que as institucións presenten proxectos de investigación relevantes e para establecer sinerxías entre os diferentes organismos participantes. Destacan:
- Xornadas técnicas
- Grupos de traballo
- Foro de seguridade
- Foro ABUSES
- Foro de WI-FI
- Foro de mobilidade
- Foro de Redes de Campus
Dende este apartado, tamén podes acceder á axenda de eventos académicos DISEVEN, servizo público e gratuíto dirixido fundamentalmente á comunidade académica e científica, que pretende recoller, almacenar e distribuír información sobre eventos nacionais e internacionais relacionados co ámbito académico e investigador.